Visitamos a Praia das Catedrais!

O pasado 17 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO visitou a emblemática Praia das Catedrais, unha contorna que ademais de conter un extraordinario valor paisaxístico constitúe unha das xoias xeolóxicas da costa cantábrica. A visita, organizada polo Concello de Ribadeo, contou coa axuda de dous expertos xeológos e biológos que descubriron ao alumnado boa parte da riqueza zoolóxica e botánica do enclave. O foco de atención, como non podía ser doutro xeito, recaeu nos “arcos” naturais creados pola erosión mariña ao longo de milleiros de anos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*