Acto contra a violencia machista

O pasado día 24 de novembro, o alumnado da ESO participou no acto reivindicativo contra as violencias machistas que tivo lugar no vello pavillón de deportes do concello. Xunto a outros centros educativos do concello, os nosos alumnos e alumnas fixeron lectura dun emotivo manifesto e representaron una cadea humana caracterizada pola denuncia e rexeitamento ante esta lacra social. Nin unha máis.

 

 

Visitamos a Praia das Catedrais!

O pasado 17 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO visitou a emblemática Praia das Catedrais, unha contorna que ademais de conter un extraordinario valor paisaxístico constitúe unha das xoias xeolóxicas da costa cantábrica. A visita, organizada polo Concello de Ribadeo, contou coa axuda de dous expertos xeológos e biológos que descubriron ao alumnado boa parte da riqueza zoolóxica e botánica do enclave. O foco de atención, como non podía ser doutro xeito, recaeu nos “arcos” naturais creados pola erosión mariña ao longo de milleiros de anos.

 

Benvidas e benvidos

Este ano iniciamos unha nova andaina. Queremos presentarvos o novo blog de Secundaria, o noso lugar na rede. Desde aquí subiremos novas, imaxes e actividades realizadas nesta etapa. Benvidos e benvidas.